Actualizado o 10/08/2021

Logo Prosa Literaria Galega Medieval

O Proxecto pretende conservar e difundir a través de edicións impresas e electrónicas os textos en prosa escritos en galego durante a Idade Media.

O proxecto Prosa Literaria Galega Medieval ten como obxectivo prioritario a edición, estudo, caracterización e anotación das obras medievais que integran o xénero que dá título ao proxecto. O corpus da investigación está constituído polos seguintes textos: Arte de Trovar; Crónica de Castela; Crónica de Santa María de Iria; Crónica Troiana; Crónica Xeral; Crónica Xeral de 1404; Foro Real; Flores de Dereito; Historia Troiana; Libro de Tristán; Miragres de Santiago; Tratado de Albeitería e Xeral Estoria.

Ademais da elaboración (ou revisión, no caso de que xa existan traballos realizados con criterios filolóxicos rigorosos) das edicións paleográfica e crítica de cada texto, o proxecto contempla tamén o estudo dos aspectos filolóxicos e literarios que caracterizan a cada obra. Neste período estase traballando na actualización da base de datos BIRMED, nunha introdución das obras do corpus e na realización dunha base de datos que recolla os textos de prosa, xa editados, con buscas en campos léxicos e literarios, que sexan de interese para os especialistas e que poderá ser consultada na páxina web do CRPIH.

No ano 2020 publicouse, como resultado do proxecto, a Guía para o estudo da prosa galega medieval na colección ArGaMed 3. O libro ofrece un estudo particular e sucinto das obras con información actualizada dos textos que conforman o corpus e con imaxes dos manuscritos. Pode ser consultado en liña na ligazón que aparece á dereita, ou na propia revista ArGaMed.

Dirección/Coordinación

  • Esther Corral Díaz (desde 2015 ata a actualidade)
  • Pilar Lorenzo Gradín (ata 2015)

Persoal vinculado

Bolseiros

Santiago Gutiérrez García (1999-2000)
Eva Díaz (2001-2003)
Mariola Rodríguez González (2003-2004)
Inés Coiradas Martínez (2005-2008)
Olalla García Martínez (2008-2011)
Iria Pérez Mariño (2012-2014)
Raquel Fernández Parada (2014-2016)
Tania Vázquez García (2016-2018)
Marina Aurora Garzón Fernández (2018-2020)
Javier Castiñerias López (desde 2020 ata a actualidade)

Publicacións resultantes

Arbor Aldea, M., “E era natural de Cornualha... Meraugis en A Demanda do Santo Graal”, en Os camiños do personaxe na narrativa medieval, Firenze, Edizioni del Galluzzo-SISMEL, 2006, pp. 117-130.

Corral Díaz, E., “El motivo de la Besta Ladrador en la Demanda do Santo Graal”, en S. Fortuño Llorens e T. Martínez Romero (eds.), Actes del VII congres de l’associació hispánica de literatura medieval (Castellò de la Plana, 22-26 de setembre de 1997), Publicacions de la Universitat Jaume I, Castelló de la Plana, 1999, vol II, pp. 85-99.

Díaz Martínez, E. – Lorenzo Gradín, P., “Algunas peculiaridades de la traducción gallega del Livro de Tristan”, en Actas del IX Congreso Internacional de la AHLM (A Coruña, 18-22 de setembro de 2001), A Coruña, Universidade da Coruña, 2005, vol. III, pp. 57-79.

Fernández Parada, R., “Exposición dos prototipos femininos nos Miragres de Santiago. Unha primeira aproximación”, Madrygal, 19, 2016, pp. 43-50.

Fernández Parada, R., “O caso da antropofaxia parricida relatada nos Miragres de Santiago (BN 7455) e a súa relación textual e tematolóxica con outros testemuños”, en S. Gutiérrez García e S. López Martínez-Morás (eds.), El culto jacobeo y la peregrinación a Santiago a finales de la Edad Media: crisis y renovación, Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións, Santiago de Compostela, [no prelo].

Gutiérrez García, S.,"A corte poética de Alfonso III o Bolonhês e a materia de Bretaña", en Ondas do Mar de Vigo. Actas do Simposio Internacional sobre a Lírica Medieval Galego-Portuguesa (Birmingham, 1998), Derek W. Flitter e Patricia Odber de Baubeta (coords.), Birmingham, Seminario de Estudios Galegos, Department of Hispanic Studies, University of Birmingham, 1998, pp. 108-123.

Gutiérrez García, S. – Lorenzo Gradín, P., A literatura artúrica en Galicia e Portugal na Idade Media, Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, 2001.

Gutiérrez García, S., “O Marot haja mal grado: lais de Bretanha, ciclos en prosa e recepción da materia de Bretaña na Península Ibérica”, Boletín Galego de Literatura, XXV, 2001, pp. 35-49.

Gutiérrez García, S. – Lorenzo Gradín, P., “Tristán o la marginación de la fin´amor”, Revista de Literatura Medieval, XIII, 2001, pp. 119-134.

Gutiérrez García, S., Orixes da materia de Bretaña. A Historia Regum Britanniae e o pensamento europeo do século XII, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Política Lingüística, 2002.

Gutiérrez García, S., “Periodización y fechas claves. Una aproximación a la historiografía comparada de las literaturas ibéricas”, en Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da península Ibérica, A. Abuín González e A. Tarrío Varela (eds.), Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciónz e Intercambio Científico, 2004, pp. 153-180.

Lorenzo Gradín, P. – Souto Cabo, J. A. (coords.), Livro de Tristan e Livro de Merlin. Estudo, edición, notas e glosario, Santiago de Compostela, Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades, 2001.

Lorenzo Gradín, P. – Díaz Martínez, E., “El fragmento gallego del Livro de Tristan: nuevas aportaciones sobre la collatio”, Romania, 122, 2004, pp. 289-316.

Lorenzo Gradín, P. “A ignonimia dunha carreta: Lanzarote e o coteife afonsí”, in As tebras alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos en Homenaxe a Ramón Lorenzo, edición a cargo de Ana Isabel Boullón Agrelo, Xosé Luís Couceiro Pérez e Francisco Fernández Rei, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 2005, pp. 567-583.

Lorenzo Gradín, P., “Tristán en Portugal. Reescritura y alteración organizativa de las fuentes”, Incipit, XXV-XXVI, 2005-2006, pp. 357-380.

Lorenzo Gradín, P., “Lancelot comme foile de fond d´Alphonse X?”, en Cahiers de Civilisation Médiévale, LI, 2008, pp. 143-156.

Pensado Tomé, J. L., Tratado de Albeitaria. Introdución, transcrición e glosario de ---. Revisión para a imprenta e edición en apéndice de G. Pérez Barcala, Santiago de Compostela, Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 2004.

Rodríguez González, M., “Aproximación ao personaxe do Apóstolo nos Miragres de Santiago”, en Os camiños do personaxe na narrativa medieval, Firenze, SISMEL-Il Galluzo, 2006, pp. 311-322.

Vázquez García, T. – Negri, M., “Os Miragres de Santiago e as súas fontes: estudo sobre a recepción e a difusión do relato de Bernaldus”, Revista de Literatura Medieval, XXXI, 2019, pp. 161-179.

Actividades científicas organizadas e previstas

Participación en reunións científicas, congresos, encontros, cursos e outros eventos

Como se pode observar no apartado dedicado ás publicacións, tanto a directora do Proxecto como os colaboradores que nel teñen participado en diversas fases da súa elaboración, presentaron resultados parciais das investigacións levadas a cabo en artigos e comunicacións recollidas en revistas ou actas de recoñecido prestixio internacional. Así mesmo, cabe sinalar que, en decembro de 2005, se celebrou en Santiago de Compostela o Congreso internacional “Os camiños do personaxe na narrativa medieval”, no que participaron especialistas de renome de distintos países e no que se dedicaron diversas ponencias á Prosa literaria galega medieval. Por outra parte, os membros do equipo colaboraron activamente no Seminario sobre edición crítica, organizado polo CRPIH en febreiro de 2005 e no que interviñeron un grupo de expertos na metodoloxía e práctica do labor editorial.

En febreiro do 2017, co aval do CRPIH, a directora e bolseira do proxecto organizaron o congreso “A presenza feminina na escritura: voces de mulleres da Idade Media”, no que diversos relatorios se fixaron no contexto no que nacen e se xestan os textos prosísticos galegos e, ademais, analizáronse aspectos particulares das obras.

En relación...