Logo Cadernos de Fraseoloxía Galega 24
Cadernos de Fraseoloxía Galega 24

Varios; Mª Isabel González Rey (Directora)

(2023)

DOI: https://doi.org/10.52740/cfg.23.24.00052

e-ISSN: 2605-4507

Soporte: Publicación electrónica en liña

Prezo: de balde

Páxinas: 320

Formato: 240x170 mm

Maquetación: Grafisant, S.L.

Descargar (25 MB)

[Actualización de febreiro, 2024] O terceiro artigo de Cadernos de Fraseoloxía Galega 24, titulado “As expresións fixas como compoñentes do discurso dos/as pacientes: sinal de diversidade e de creatividade ou dun incremento do fracaso comunicativo” por Abderrafiî Khoudri, foi modificado após realizar unha corrección dalgúns termos árabes que foran publicados de maneira errónea.

Cadernos de Fraseoloxía Galega presenta o seu número 24. Este volume está composto por sete artigos de temática diversa que tratan cuestións como a fraseoculturoloxía e fraseodidáctica no ensino de español como lingua estranxeira, a expresión das emocións e as locucións somáticas en francés e romanés, o uso de expresións fixas por parte de pacientes nas consultas médicas, a variación en unidades fraseolóxicas desde un punto de vista diacrónico, o ensino de español para estranxeiros a través da lingüística de corpus, as unidades fraseolóxicas contidas en contos humorísticos escritos por nenas e nenos e a simboloxía do raposo na fraseoloxía do chinés. Ademais, achégase unha recompilación de unidades fraseolóxicas manifestadas na zona do Couto de Oíns (Arzúa) e nove recensións de obras recentes sobre a fraseoloxía. Por último, déixase constancia das últimas novidades bibliográficas máis destacadas.

Contidos