Cristina Suárez, Lucía Loureiro (Tradutor); Yolanda López, Ivonete da Silva, Laura Sáez (Colaborador)
(2008)
978-84-453-4582-5
Prezo: 5 €
Páxinas: 116
Formato: 22 x 24 cm.
Imprime: Litonor
Descargar (964 KB)En 1990 foi creada a Association of Language Testers in Europe (ALTE) coa finalidade de establecer niveis comúns de competencia e de probas de exames, formada por 27 representantes doutras tantas linguas europeas. Unha das necesidades sentidas neste grupo de colaboración foi acordar unha terminoloxía específica sobre a avaliación que lles permitise unha base léxica común. Así, en 1998 publicouse un glosario multilingüe de termos relacionados coa avaliación da competencia lingüística. O glosario orixinal inclúe entradas en dez linguas: alemán, catalán, danés, francés, holandés, inglés, irlandés, italiano e portugués. Neste volume preséntase a achega en lingua galega.