Ramón López Vázquez
(2007)
978-84-453-4476-7
Prezo: 6 €
Páxinas: 147
Formato: 17 x 24 cm.
Imprime: Difux, S.L.
Descargar (857 KB)O libro Celestino Fernández de la Vega, pensador do novo galeguismo, é o resultado de conxugar un propósito, dúas perspectivas e tres aplicacións. Encarna o primeiro a pretensión de xuntar nun mesmo esquema de razoamento a dispar obra do autor. Vertebrala internamente nun mesmo ordenamento secuencial para, á vez, elaborar un corpo doutrinal que recolla unha escrita pouco extensa, pero esparexida polos máis estraños lugares. No ensaio rescátanse moitos textos redactados polo pensador galego, coa fi n de termos ben deliñado o único proxecto ao que todos eles responden. Divídese en dúas partes: a primeira para xustifi car a necesidade que a cultura galega ten de se modernizar e, ademais, para formular o cerne do pensamento de Fernández de la Vega madurecido a carón do de Heidegger; a segunda, para propor a ortopraxe que o novo galeguismo ha seguir na interpretación do mundo da cultura e para reivindicar o racionalismo crítico acoutado por Popper. Por último, os temas clásicos da cultura galega –paisaxe, lirismo, humor— son expostos desde o mesmo principio –“A esencia da verdade é a liberdade”- que rexe todo labor intelectual de Celestino. O novo ideario do galeguismo queda, así, inserido e alicerzado racionalmente dentro do século XX desde dous referentes ben coñecidos: Martín Heidegger e Karl Popper.