Logo Galicia Nueva
Galicia Nueva

Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); Luís Alonso Girgado e María Vilariño Suárez (Edición)

(2006)

84-453-4226-6

Prezo: 4 €

Páxinas:

Formato: CD-ROM

Imprime: Copybelén

Descargar (59 MB)

Das publicacións galegas de Uruguai son poucas e contadas as que conseguiron superar os quince números. Galicia Nueva (1918-1919) non se librou desa temperá caducidade e só alcanzou a decena de números. Creada e dirixida polo xornalista José Mª Barreiro e continuadora de Tierra Gallega (1917-1918), dirixida polo mesmo Barreiro, e antecesora directa, explícita de Galicia Nueva. A Galicia Nueva que hoxe presentamos en CD-ROM foi un semanario de gran formato que atendeu ás actividades da Casa de Galicia. Preocupado así mesmo pola cultura galega (e pola literatura), mantivo unha liña de signo galeguista-rexionalista, reivindicativa e crítica e cumpriu un papel informativo posto ao día. José Mª Barreiro, que ía presidir a Casa de Galicia, deu entrada neste semanario a sinaturas como as de A. Rodríguez Elías, Francisco Camba, Constantino Horta, Benito Losada, Manuel Murguía ou Nan de Allariz entre outras. Ficha técnica, índices e estudo preliminar son engadidos desta edición.