Luis Alonso Girgado (Director do proxecto); Natalia Regueiro (Estudo introdutorio); Amelia Rodrigues Esteves, Lourdes Pazo García (Colaborador)
(1999)
84-453-2627-9
Prezo: 36 €
Páxinas: 340
Formato: 20 x 27 cm.
Imprime: Difux, S.L.
Descargar (7,43 MB)A Gaita Gallega (A Habana, 1885-1889) ocupa por dereito propio un posto de privilexio no terreo da prensa galega da emigración en xeral e de Cuba en particular. Dirixida por Ramón Armada Teixeiro e Manuel Lugrís Freire, promoveu o emprego exclusivo da lingua galega en tódalas súas páxinas, contou con numerosos e ilustres colaboradores e fixo de Galicia –do seu pobo, da súa cultura e da súa lingua– o obxecto de tódalas súas páxinas. Non contabamos, ata hoxe mesmo, con esta publicación nas hemerotecas galegas. Xa que logo, esta edición facsimilar fai realidade a tópica expresión de que vén a encher un baleiro no ámbito da nosa prensa. As presentacións de investigadores galegos e cubanos, especialistas na materia, enriquecen esta publicación. Reedición: 2006, ao coidado de María José García Merino e María Vilariño Suárez. con ISBN: 84-453-4203-7 .