Xoán Carlos Domínguez Alberte, Begoña Eguizábal Gándara, Amelia Rodrigues Esteves (Edición); Luis Alonso Girgado (Coordinador)
(1998)
84-453-2272-9
Prezo: 2.518 pts.
Páxinas: 506
Formato: 17 x 24 cm.
Imprime: 4-Cromía S.L.
As I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa tiveron lugar entre os días 25 e 30 de maio de 1998 na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade Nova de Lisboa. Foron organizadas polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades coa colaboración da Sociedad de Instrução Guillerme Cossoul da capital portuguesa. Este libro de Actas recolle as conferencias e os actos de diverso tipo que tiveron lugar ó longo das xornadas, nas que participaron: Luz Pozo, Manuel María, Xosé María Álvarez Cáccamo, Roberto Vidal Bolaño, Manuel Quintáns, Armando Requeixo, Manuel Valcárcel, Luisa Villata, Ramón Nicolás, Anxo Tarrío e outros destacados críticos, profesores e especialistas de literatura galega. A programación das xornadas estivo ó coidado de Xoán Carlos Domínguez Alberte. Poesía, narrativa, teatro, ensaio e prensa de Galicia foron obxecto de análise e debate dende distintas perspectivas.